LETRAS GALEGAS 2024: LUÍSA VILLALTA GÓMEZ
A narradora, poeta, ensaísta, filóloga e violinista Luísa Villalta Gómez (A Coruña, 1957-2004) será a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas do 2024. Unha elección coa que a Real Academia Galega (RAG) volve a fixarse nos lectores máis novos ao decantarse por unha das figuras da xeración dos 90, como xa fixo con Lois Pereiro e Xela Arias.
Villalta, que faleceu de forma repentina aos 46 anos, foi unha muller da literatura, pero tamén do "teatro e da música, de enorme empatía", describiu o presidente da RAG. "Que Luísa Villalta protagonice o ano das letras 2024 cando se cumpren 20 anos do seu falecemento permitirános unha celebración entusiasmada de afectos e da literatura".
FONTE: RAG e lavozdegalicia.es Imaxe: RAG
0 comentarios