Blogia
vgomez

PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2021

Abdulrazak Gurnah, na sçuacasa de Canterbury / HENRY NICHOLLSREUTERS/elmundo.es

O xurado do Nobel concedeu o Premio Nobel de Literatura ao novelista tanzano Abdulrazak Gurnah polo seu compromiso ao presentar os efectos do colonialismo. O xurado decidiu premiar a Gurnah pola súa penetración sen concesións e compasiva dos efectos do colonialismo e o destino do refuxiado no abismo entre culturas e continentes.

Gurnah naceu o 20 de decembro de 1948 en Zanzíbar-Tnzania e foi ao Reino Unido como refuxiado a finais dos 60. A revolución que seguiu á independencia colonial provocou unha violenta represión contra os cidadáns de orixe árabe. Non puido volver a Zanzíbar ata 1984, conseguindo apenas ver ao seu pai antes de morrer.

Gurnah foi, ata a súa recente xubilación, profesor de literatura inglesa e postcolonial na Universidade de Kent en Canterbury.

Parabéns!

0 comentarios