Blogia
vgomez

PREMIO NOBEL DE QUÍMICA 2017

PREMIO NOBEL DE QUÍMICA 2017

Jauqes Dubochet, Richard Henderson e Joachim Frank

A Real Academia Sueca de Ciencias outorgou o premio Nobel de Química de 2017 a Jacques Dubochet (Aigle, Suíza, 1942), Joachim Frank (Siegen, Alemaña, 1940) e Richard Henderson (Edimburgo, Reino Unido, 1945) pola súa achega ao desenvolvemento de tecnoloxías para xerar imaxes tridimensionales das moléculas da vida, algo que está a servir xa para entender mellor procesos biolóxicos como as infeccións ou os nosos ciclos de soño. En palabras da academia, o seu mérito consiste en "o desenvolvemento da criomicroscopía electrónica para a determinación a alta resolución da estrutura de biomoléculas nunha solución".

A estrutura das moléculas está directamente relacionada co que son capaces de facer e coñecela e fotografala axuda a entender a súa función. A criomicroscopía electrónica permitiu conxelar esas biomoléculas en movemento e facerlles unha foto con resolución atómica.

Segundo explicaba a academia nunha nota, esta tecnoloxía permitiu observar con precisión proteínas que provocan resistencias a quimioterapias contra o cancro ou aos antibióticos que empregamos contra as infeccións, o funcionamento dos complexos moleculares que regulan o reloxo circadiano (que recibiu o Nobel de Medicina deste ano) ou os mecanismos polos que se captura a luz durante a fotosíntese.

Parabéns!

FONTE: Xornal El País/ciencia

0 comentarios