Blogia
vgomez

PREMIOS FRONTEIRAS DO COÑECEMENTO 2018

James Allison e Nubia Muñoz na Fundación BBVA en Madrid / Imaxe: Sergio González Valero/elmundo.es

Prevención e tratamento contra o cancro protagonizan dous dos Premios Fronteiras do Coñecemento que a Fundación BBVA outorga na súa X edición. James P. Allison (Alice-Texas, 1948) recollerá hoxe, 13 de xuño, o galardón na categoría Biomedicina, pola súa contribución pioneira na utilización do sistema inmune para combater os tumores, impulsando o desenvolvemento de novas terapias oncolóxicas. "A  inmunoterapia é o cuarto alicerce na loita contra o cancro", afirma  Allison, quen tamén destaca a importancia da prevención para reducir a incidencia desta enfermidade.

Concretamente, encomia o papel da vacina capaz de previr o cancro de pescozo de útero, para a que o traballo de Nubia Muñoz (Cali-Colombia, 1940) premiada na categoría Cooperación ao Desenvolvemento, foi fundamental. Segundo explica o xurado, ela foi a persoa que estableceu a relación epidemiolóxica entre o virus do  papiloma humano e os tumores de  cérvix. Grazas a esta asociación, "desenvolvéronse tres vacúas e a última ten potencial para eliminar o 90% dos cancros cervicais", sinala Muñoz. O "gran drama", apunta a  epidemióloga, é que "o 80% deste tipo de tumores dáse en países pobres, onde non hai acceso a esta vacina, que é custosa, e tampouco existe infraestrutura de programas de detección". Por esta razón, lembra que agora "o desafío máis grande é usar esta arma de prevención nos países máis necesitados".

Parabéns!

FONTE: Laura Tardón/elmundo.es

0 comentarios