ADIVIÑA O PAÍS III
A solución á pregunta do día anterior é HUNGRÍA. O gulash ou goulash é un prato orixinario de Hungría, que tamén pode atoparse en países veciños como a República Checa ou Eslovaquia. Trátase dun estofado especiado elaborado con carne de cabalo, cebolas, pementos e pemento; cómese con pan e acompañado de ensalada de pataca e perexil. Existen moitísimas variantes do gulash.
E imos coa pregunta de hoxe!
3. Se estivésemos a vistar o Museo da Hermitaxe, está claro que nos atopamos en... ?
- San Petersburgo, Rusia
- París, Francia
- Nueva York, Estados Unidos
- Ámsterdam, Países Baixos
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: muy interesante.es/arte-cultura
0 comentarios