CANTO SABES DOS PAÍSES BAIXOS? XV
Continúo coa serie adicada aos Países Baixos (Nederland), localizados no noroeste de Europa, sendo un dos vintesete estados soberanos que forman a Unión Europea é que desde o 1 de xaneiro de 2020 deixouse de chamar Holanda.
A contestación correcta á pregunta de onte é España. A guerra dos Oitenta Anos (coñecida en España como guerra de Flandes e nos Países Baixos como guerra de independencia dos Países Baixos) foi unha guerra que enfrontou ás Dezasete Provincias dos Países Baixos contra o seu soberano Felipe II de España. A rebelión contra o monarca comezou no ano 1568, en tempos de Margarita de Parma, gobernadora dos Países Baixos, e finalizou no 1648 co recoñecemento da independencia das sete Provincias Unidas, hoxe coñecidas como Países Baixos. Como pretexto, as relacións de Margarita coa nobreza neerlandesa protestante nunca foron do todo fluídas. Este feito, sumado á súa inoperancia e á distancia existente entre ambos os países, fixo que se fosen afastando cada vez máis da política española en busca dos seus intereses económicos e políticos cun aire de independencia que comezaba a xestarse no ambiente. Os países que hoxe se coñecen como Bélxica e Luxemburgo formaban parte das Dezasete Provincias, pero permaneceron leais á Coroa (os territorios baixo o dominio do Bispado de Lieja non formaban parte das Dezasete Provincias, senón directamente estaban no Sacro Imperio Romano Germánico). O resultado final da guerra dos Oitenta Anos foi a independencia oficial dos Países Baixos tras a Paz de Westfalia; pero non está tan claro que esta fose a causa da guerra. Esta foi o resultado final das discrepancias entre a Monarquía Hispánica e a parte dos súbditos aos que tiñan que gobernar nestas provincias.
E imos coa pregunta de hoxe!
15. Na seguinte lista do mundo da cultura hai un personaxe que non pertence aos Países Baixos. Pódelo atopar?
- Erasmo de Róterdam
- Rembrandt
- Descartes
- Gerard Reve
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org e bbc.com
0 comentarios