Blogia
vgomez

UN HELICÓPTERO EN MARTE: INGENUITY

 

Perseverance, alcumado Percy é un vehículo Mars rover deseñado e fabricado polo Laboratorio de Propulsión a Reacción para explorar o cráter Jezero de Marte como parte da misión Mars 2020 do Programa de Exploración de Marte da NASA. Foi lanzado o 30 de xullo de 2020 dende Cabo Cañaveral en Florida e espérase que aterre en Marte o mañá, 18 de febreiro de 2021.

O seu deseño é case idéntico ao rover Curiosity, contará con sete instrumentos científicos para estudar a superficie marciana empezando desde o cráter Jezero. Tamén levará a bordo 23 cámaras e dous micrófonos. Na misión tamén navegará o helicóptero explorador Ingenuity, que viaxa axustado ao ventre do flamante rover Perseverance, que axudará a atopar posibles lugares para estudar.

Iste artefacto, considerado unha marabilla da enxeñería, presenta catro pas de fibra de carbono dispostas en dous rotores que viran en direccións opostas a ao redor de 2.400 rpm, moitas veces máis rápido que un helicóptero de pasaxeiros na Terra. Tamén ten células solares innovadoras, baterías e outros compoñentes. Non leva instrumentos científicos e é un experimento separado do Perseverance, o  rover máis avanzado que se construíu.

O máis emocionante diste helicóptero é que tras a aterraxe da misión no cráter Jerezo mañá, e se todo sae como se espera, levará a cabo o primeiro intento da Historia de voar noutro planeta. Ingenuity despregarase do ventre do Perseverancee tentará botar a voar. Non é tarefa fácil. Por unha banda, a delgada atmosfera de Marte complica lograr unha elevación suficiente. É precisamente debido a que a atmosfera marciana é un 99% menos densa que a da Terra, que Ingenuity debe ser lixeiro, con pas moito máis grandes e que viren moito máis rápido do que necesitaría un helicóptero da mesma masa na Terra.

Outro desafío será o frío arrepiante no cráter Jezero, onde as noites baixan a -90º C. Con todo, o equipo probou a nave na Terra a temperaturas marcianas e cre que debería funcionar.

Pero, como se controlará o helicóptero? Que ninguén pense nunha especie de dron. Os controladores de voo en JPL non poderán dirixilo cun joystick. Debido aos atrasos na comunicación, os comandos deberán enviarse con moita anticipación, e os datos de enxeñería regresarán moito despois de que se produza cada voo. Mentres tanto,  Ingenuity terá moita autonomía para tomar as súas propias decisións sobre o seu voo.

Espermos que todo vaia ben!

0 comentarios