EXPRESIÓNS GALEGAS CON RETRANCA V
Sigo a falar dalgunhas expresións que os galegos temos e que fóra das nosas fronteiras non se entenderán ou poden levar a equívocos. Ademais, teñen uns matices que tentaremos explicar e que ás veces son difíciles de traducir.
9. Galiña vella fai bo caldo
É un eloxio á xente maior, especialmente ás mulleres. A experiencia é un grao. Do mesmo xeito que unha galiña vella achega un sabor delicioso ao caldo, as mulleres maiores teñen moito que achegar pola súa experiencia. Podemos aprender moito delas.
10. Ser máis listo que un allo
Os allos son todo cabeza. De aí a alusión a este alimento para referirse a alguén intelixente.
FONTE: xenera.com, blog.mundo-r.com/es e rumbogalicia.com Imaxes: clarin.com e frutos-hortalizas.com
Continuará...
0 comentarios