Blogia
vgomez

ÉBOLA

ÉBOLA

Virus do ebola / Imaxe:examiner.com 

 

Dende África Occidental chegan noticias preocupantes pola enfermidade do EVE (Enfermidade polo Virus do Ébola), que só tomamos en serio cando afecta aos nosos ou cando hai posibilidade de entrada na nosa contorna.

Segundo a OMS (Organización Mundial da Saude) están infectados polo ébola preto de 2.000 persoas, das cales máis da metade  xa morreron. Os países, en principio, efectados pola epidemia son: Guinea Conakry, Liberia, Nixeria e Serra Leoa.

Pero que é o ÉBOLA?

O virus do Ébola (virus da familia Filoviridae e do xénero Filovirus) causa no ser humano a EVE, antes coñecida como febre hemorráxica do Ébola, cuxa taxa de letalidad pode chegar ao 90%.

Detectouse por vez primeira en 1976 en dous brotes simultáneos acontecidos en Nzara (Sudán) e Yambuku (República Democrática do Congo). A aldea en que se produciu o segundo deles está situada preto do río Ébola, que dá nome ao virus.

O virus do Ébola introdúcese na poboación humana por contacto estreito con órganos, sangue, secrecións ou outros líquidos corporais de animais infectados. En África documentáronse casos de infección asociados á manipulación de chimpancés, gorilas, morcegos fruxívoros, monos, antílopes e puercoespines infectados que se encontraran mortos ou enfermos na selva.

Posteriormente, o virus propágase na comunidade mediante a transmisión de persoa a persoa, por contacto directo (a través das membranas mucosas ou de solucións de continuidade da pel) con órganos, sangue, secrecións, ou outros líquidos corporais de persoas infectadas, ou por contacto indirecto con materiais contaminados polos devanditos líquidos.

A EVE é unha enfermidade vírica aguda grave que se adoita caracterizar pola aparición súbita de febre, debilidade intensa e dores musculares, de cabeza e de garganta, o cal vai seguido de vómitos, diarrea, erupcións cutáneas, disfunción renal e hepática e, nalgúns casos, hemorraxias internas e externas.

O período de incubación (intervalo dende a infección ata a aparición dos síntomas) oscila entre 2 e 21 días.

Non hai vacina contra a EVE. Estanse a probar varias, pero ningunha está aínda dispoñible para uso clínico.

Lamentablemente o medo aumenta no mundo, aínda que o risco de contaxio no noso país é remoto!

FONTE: www.who.int

0 comentarios