8 INVENTOS CON NOME DE MULLER
Mary Anderson, inventora do limpiaparabrisas / Imaxe: nitro.pe
A historia da ciencia pode lerse con moitos nomes masculinos, pero houbo moitas mulleres incribles e inspiradoras: Marie Curie, Rosalind Elsie Franklin, Susan Jocelyn Bell Burnell, Barbara McClintock, Amalie Emmy Noether...
Quero presentarvos hoxe oito coñecedidos inventos con nome de muller, xa que elas foron quen os inventaron:
1. Tipp-ex
Bessie Nesmith Graham (1924-1980) traballaba como secretaría en Texas cando inventou o tipp-ex ou "papel líquido". O seu produto, unha substancia branca que se secaba rapidamente ao aplicarse sobre un folio de papel e tapaba as faltas de mecanografía, foi creado para uso persoal, pero debido á boa acollida que tivo, en 1967 Bessie creou a súa propia compañía, a Liquid Paper Corporation.
2. Cobol
Grace Hopper (1906-1992) foi a pioneira do software, creou a primeira linguaxe de programación de uso "natural" destinado ás empresas e chamado COBOL (siglas de COmmon Business-Oriented Languaje). Tamén detectou o primeiro erro ou «bug» que se produciu no computador de Harward Mark I, no que traballaba. Foi a primeira muller nomeada membro distinguido da British Computer Society.
3. Microfilm de estereato de bario
Katherine Blodgett (1898-1979) foi a primeira muller en doutorarse en física na Universidade de Cambridge en 1926. Inventou en 1938 o microfilm de estereato de bario, unha película que permite converter calquera cristal en non reflector. O seu invento úsase en lentes, cámaras de fotos, telescopios, microscopios, etc.
4. Limpiaparabrisas
Mary Anderson (1866-1956) durante unha viaxe en coche, notou que os condutores tiñan que abrir as xanelas dos seus vehículos cando chovía se querían ver a través dos cristais. En novembro de 1903, concedéronlle a Mary Anderson a primeira patente para un dispositivo de limpeza dos parabrisas. O seu invento podía limpar neve, aguaneve ou choiva dun parabrisas. En 1916 o limpiaparabrisas xa formaba parte de todos os coches norteamericanos.
5. Tecido resistente ao lume
Giuliana Tesouro (1921-2002) foi unha química orgánica italiana que chegou a obter 125 patentes ao longo da súa vida. Entre outras cousas, foi ela quen creou os primeiros tecidos resistentes ao lume. Ademais, ideou métodos eficaces para previr que se acumulase estática en fibras sintéticas.
6. Dodotis
Marion Donovan (1917-1988) inventou os cueiros desbotables (os "dodotis"), dos que obtivo a patente en 1951, e fundou a súa propia empresa para comercializalos. Tamén ideou unha xaboneira que deixaba escurrir a auga e o zippiti-do, unha especie de cordón que axudaba a subir comodamente o peche traseiro ou cremalleira dos vestidos ás mulleres.
7. Test de Apgar
Virginia Apgar (1909-1974), profesora anestesioloxía en Nova York, desenvolveu o test de Apgar é unha proba de avaliación que aínda hoxe realízase ao recentemente nacido xusto despois do nacemento para examinar o seu cadro de vitalidade e reflexos.
8. Kevlar
Stephanie Kwolek (1923-2014). A súa investigación con compostos de produtos químicos de alto rendemento para a DuPont Company levou ao desenvolvemento dun material sintético cinco veces máis forte que o aceiro, máis lixeiro que a fibra de vidro e resistente á calor. Chámase Kevlar, e é o material usado nos chalecos antibalas e os traxes ignífugos.
Esto é só unha mostra da aportación das mulleres que cambiaron a nosa comprensión do mundo que nos rodea.
O meu recoñecemento!
FONTE: Idea orixinal de Elena Sanz e Sarah Romero/muyinteresante.es
0 comentarios