PREMIO NOBEL DE FÍSICA 2022
Aspect, Zeilinger e Clauser, gañadores do Premio Nobel de Física 2022
Os científicos Alain Aspect, Anton Zeilinger e John F. Clauser foron distinguidos co Premio Nobel de Física 2022, polos seus descubrimentos en relación co "poder da mecánica cuántica".
Aspect, Zeilinger e Clauser, co seu traballo, despexaron o camiño para novas tecnoloxías baseadas en información cuántica. O desenvolvemento de ferramentas experimentais dos premiados sentou as bases para "unha nova era da tecnoloxía cuántica. Ser capaz de manipular e xestionar estados cuánticos e todas as súas capas de propiedades dános acceso a ferramentas cun potencial inesperado".
Alain Aspect (Agen-Francia, 1947), "desenvolveu unha configuración para pechar unha lagoa importante. Puido cambiar a configuración de medición despois de que un par entrelazado deixara a súa fonte, polo que a configuración que existía cando se emitiron non podía afectar o resultado".
Anton Zeilinger, (Ried im Innkreis-Austria, 1945), investigou os estados cuánticos entrelazados, e o seu grupo de investigación "demostrou un fenómeno chamado teletransportación cuántica, que fai posible mover un estado cuántico dunha partícula a outra a distancia".
John F. Clauser (Pasadena-Estados Unidos, 1942) construíu un aparello que emitía dous fotóns entrelazados á vez, cada un cara a un filtro que probaba a súa polarización. O resultado foi unha clara violación dunha desigualdade de Bell, e estivo de acordo con as predicións da mecánica cuántica.
Parabéns!
FONTE: eitb.eus/es e es.wikipedia.org
0 comentarios