Blogia
vgomez

PREMIO NOBEL DE MEDICINA 2022

O científico Svante Pääbo gaña o Premio Nobel de Medicina 2022 polos seus descubrimentos sobre o xenoma / EFE

O biólogo sueco Svante Pääbo gañou o Premio Nobel de Medicina por “os seus descubrimentos sobre o xenoma de homínidos extintos e a evolución humana”.

Pääbo (Estocolmo, Suecia, 65 anos) é biólogo e dirixe o departamento de xenética do Instituto Max Planck de Bioloxía Evolutiva (Alemaña). O seu traballo para rescatar ADN de fósiles humanos foi esencial para coñecer o xenoma de especies extintas coñecidas, como os neandertais, desvelar a existencia doutras novas, como os denisovanos, e confirmar que os Homo sapiens tiveron sexo e fillos con esas outras especies fai miles de anos.

O “transcendental” traballo de Pääbo “deu lugar a unha nova disciplina científica: a paleogenómica”, resaltou o xurado. “Ao desvelar as diferenzas xenéticas entre as persoas actuais e os homínidos extintos, os seus descubrimentos permiten investigar que nos fai xenuinamente humanos”, engadiron os responsables do galardón nunha nota de prensa. En 2018, Pääbo recibiu o premio Princesa de Asturias polos seus traballos en evolución humana.

Parabéns!

FONTE: Nuño Domínguez/elpais.com/ciencia

0 comentarios