Blogia
vgomez

O VALOR DA SIMPLICIDADE

 

John Maeda foi deseñador gráfico, artista visual, profesor, enxeñeiro de software no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) e "tecnólogo humanista", aínda que a el gústalle describirse como "un accidente". Foi de forma accidental como chegou ao mundo da innovación tecnolóxica, grazas a que un dos seus profesores acudiu á tenda dos seus pais, onde el traballaba, para instarlles a que lle permitisen estudar. A súa primeira computadora, coa que deseñou un programa de contabilidade para o negocio familiar, supuxo o comezo da súa carreira tecnolóxica e multidisciplinar, que vai desde a enxeñería eléctrica á informática, a arte e o deseño.

A mediados dos anos 90 impulsou o Grupo de Estética e Computación do MIT, como equipo de investigación multidisciplinar, e anos despois dirixiría o MIT Media Lab e a Escola de Deseño de Rhode Island. O seu interese pola combinación entre a arte e o deseño computacional permitíronlle unha prolífica carreira como artista visual e divulgador.

Entre as súas publicacións destacan ’Creative Code’, ’Design by Numbers’, ’How to Speak Machine’ e ’As leis da simplicidade’, onde John Maeda expón unha forma sinxela de abordar aspectos complexos da vida, os negocios, a tecnoloxía ou o deseño. "Aprender faio todo máis sinxelo. Alguén que sexa un experto que aprendese algo, pode ensinalo a outra persoa. Poden facérnolo máis sinxelo, se son simplificadores natos. Pero a maioría das persoas non son simplificadoras natas. Gústanos facer as cousas máis complexas porque parecemos máis intelixentes", reflexiona o autor.

0 comentarios