CANTO SABES SOBRE ÁFRICA? XXI
Continúo coa serie na que poñemos a proba os teus coñecementos dobre África, continente de incribles paisaxes naturais e diversidade de vida salvaxe que habita as súas terras.
A contestación correcta á pregunta de onte é Tazania. O Parque Nacional de Serengueti é un Parque Nacional de grandes dimensións (cerca de 40.000 km²) na ecorrexión de Serengeti, no norte da Tanzania, limítrofe con Kenya, na África Oriental. É famoso polas migracións anuais de ñus, cebras e gacelas e outros antílopes que ocorren de maio a xuño. É Patrimonio Mundial da UNESCO desde 1981.
E imos coa pregunta de hoxe e última da serie…
22. No século XIX o capitalismo e a revolución industrial asentáronse en Europa e necesitaban expandirse en busca de rexións que proporcionasen materias primas e mercados. Entre os países europeos comeza unha carreira polo dominio de África, e do mundo. Esta carreira terá a súa expresión na Conferencia de Berlín de 1884-1885, na que os países europeos configuran a repartición de África. España non foi allea a esta situación. Unha desas colonias foi Ifni, situada no sudoeste de Marrocos. Por certo, en que ano deixou de ser colonia española?
- 1.956
- 1.969
- 1.977
Mañá a solución e fin da serie!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org
0 comentarios