Blogia
vgomez

A HORA EXACTA DA CRUCIFIXIÓN DE XESÚS, SEGUNDO A CIENCIA

Dous astrofísicos da Universidade británica de Oxford aseguran que resolveron un enigma milenario. Colin J. Humphreys e W. G. Waddington, chegaron á conclusión de que o fundador do cristianismo morreu moi probablemente o 3 de abril do ano 33, en venres, segundo informaran a maioría dos antigos escritores cristiáns. O estudo publicouse na prestixiosa revista científica Nature.

Os dous científicos basean a súa teoría nunha serie de feitos astronómicos, e na descrición do procurador Poncio Pilatos: "O Sol escureceuse, saíron estrellas no ceo, e por todas partes a xente acendeu as lámpadas", escribiu. "Pola noite, engadiu Poncio Pilato, a luz da Lúa era dun vermello sangue".

Para a súa investigación, partiron da premisa de que Xesús morreu o día antes de que dese comezo a festa anual da Pascua, que conmemora o éxodo dos xudeus de Exipto. A clave disto é A última cea, que era unha celebración da Pascua xudía.

Os dous expertos tiveron tamén en conta o feito de que esta festa, de oito días de duración, celébrase sempre coa Lúa chea de primavera, antes do equinoccio, durante o mes xudeu de Nisan, que no noso calendario moderno corresponde a marzo ou abril.

Con todos estes datos, os científicos consideran que a mellor explicación é que á noitiña do día da execución houbo en Xerusalén unha eclipse parcial de Luna. A proba deste fenómeno natural, segundo os científicos, está no informe redactado polo procurador romano Poncio Pilato para o emperador Tiberio.

O feito de que a parte oculta dunha Lúa en eclipse despide unha luz avermellada ocorre con frecuencia cando a Luna está baixa, preto do horizonte, ademais, os expertos afirman que a cor avermellada aumentou polas nubes de po da tormenta de area que tivo lugar nese momento, algo que se menciona en case todas as fontes históricas.

A partir de aquí, buscaron cando se produciu unha eclipse de lúa parcial que puidese verse desde Xerusalén entre os anos 26 e o 36. Calcularon, mediante complexos cálculos astronómicos, as datas de todas as lúas cheas e novas dos meses  pascuales de Nisan.

Poncio Pilato, segundo os científicos, referíase a unha eclipse moi específica, no cal só a terceira parte do disco lunar quedou na sombra da Terra. E isto ocorreu, exactamente, un día 3 de abril do ano 33, ás 18.20 horas. Nese momento, asomou sobre o horizonte de Xerusalén  a parte escurecida e avermellada da Lúa, que foi aumentando de tamaño e facéndose vermella.

FONTE: Luca landi/quo.eldiario.es/ciencia

0 comentarios