CRUCIGRAMA XXI
VERTICAIS: 1. Pandeiro pequeno e redondo con ferreñas, que se toca movéndoo cunha man e golpeándoo contra a outra 2. Instrumento membranófono conformado por un xogo de dous tambores pequenos feitos de madeira lixeiramente troncocónicos, un máis pequeno que o outro, unidos por unha peza de madeira. As súas bocas superiores (as de diámetro maior) están cubertas por coiro solído que se percute coas mans, para o que se debe colocar entre os xeonllos, sentado 3. Instrumento de madeira consistente nunha caixa resoante cunha roda dentada no interior que, ao facela virar cun mango, prolongación do eixe, sobre unha ou máis láminas, produce un ruído seco, repetitivo e monótono 5. Instrumento musical, formado por unha caixa redonda coas bases de pel, que se toca batendo nelas cunhas mazas 8. Instrumento musical de percusión, formado por un triángulo de metal que se golpea con outro metal e que tamén se coñece como ferriños 10. Instrumento musical de percusión en forma de cilindro cuberto por unha pelica moi tensa contra a que se bate cuns paus.
HORIZONTAIS: 4. Instrumento membranófono de percusión de raíces africanas, que foi desenvolto en Cuba, feito a partir dun tronco sólido baleirado e cunha pel cravada sobre a abertura dun extremo e que se toca coas mans 6. Instrumento musical popular formado por dúas pezas de madeira, cóncavas por un lado e convexas por outro, de perfil arredondado e cunha parte saínte onde levan uns cordóns cos que se suxeitan á man, que se toca batendo repetidamente as dúas pezas 7. Instrumento de percusión consistente en dous discos cóncavos de metal, que producen un son ao facelos chocar un contra o outro ou ao seren percutidos con baquetas 9. Instrumento musical de orixe suramericana, consistente nunha bóla oca cun pequeno mango e chea de pequenos grans duros, que soa coma un axóuxere ao ser axitada 11. Instrumento musical de percusión composto por un arco de madeira en forma de rectángulo sobre o que se suxeita unha pel estirada, que se toca golpeándoo coas mans, os cotenos etc 12. Instrumento de percusión de orixe oriental que consiste nun disco metálico pendurado verticalmente que, ao ser golpeado, vibra producindo un son semellante ao dunha campá.
0 comentarios