SABES DE QUE CIENTÍFICO/A ESTOU A FALAR? XII
A solución á proposta do día anterior é Thomas Alva Edison (1847-1931). É considerado o inventor máis importante de Estados Unidos. Alcumado "O mago de Menlo Park», foi o autor de inventos como o fonógrafo, a cámara de cinema ou unha duradeira lámpada incandescente. Con todo, máis importantes que as súas patentes foi a revolución que provocou a nivel social. Grazas el hoxe podemos gozar de cousas tan cotiás como a luz eléctrica e a subministración pública de electricidade: Edison desenvolveu un sistema de xeración e distribución de enerxía eléctrica ás casas, negocios e fábricas, o cal supuxo un avance crucial para o mundo industrializado moderno.
E imos coa proposta de hoxe!
12. Iluminou a Grecia Clásica coa súa ciencia...
- Hipatia de Alexandría
- Cirene de Isos
- Hipólita de Atenas
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: nationalgeographic.com.es e muyinteresante.es
0 comentarios