Blogia
vgomez

NOVA LEI UNIVERSAL PARA OS SERES VIVOS

Por que non hai elefantes do tamaño de formigas, nin formigas do tamaño de elefantes? Por que os cans máis pequenos camiñan máis rápido que os grandes, ou por que o corazón das criaturas máis miúdas latexa máis rápido que o das máis voluminosas? Este tipo de preguntas teñen unha explicación: a física impón uns límites aos animais. Por exemplo, os pequenos perden proporcionalmente máis calor que os maiores (por mor de que o seu corpo ten unha maior relación entre a superficie e o volume) e adoitan necesitar metabolismos máis rápidos e alimentos máis enerxéticos. 

Por mor da relación entre o volume e a superficie, ademais doutros moitos fenómenos, o tamaño de todos os seres vivos, desde bacterias ata baleas azuis, garda unha relación moi clara co metabolismo (as reaccións e transformacións que lles permiten vivir), a súa abundancia, a taxa de crecemento e a mortalidade, constituíndo o que se coñece como «Teoría Metabólica da Ecoloxía». Pois ben, un artigo que se publicou esta semana na revista PNAS suxeriu que hai que reformular esa teoría. Despois de aplicar técnicas de Big data a 2.800 estudos científicos, concluíron que non é só que o tamaño e a velocidade de crecemento limiten o metabolismo, como se sostiña ata o de agora, senón que tamén ocorre ao revés. Ademais, confirmaron  experimentalmente que todos os seres vivos réxense por unha mesma función para o crecemento.

A Natureza é unha manifestación dun conxunto de leis e regularidades. Hai constantes que teñen certos valores e non outros, os átomos compórtanse dunha forma predicible tanto dentro das estrelas como dentro dunha célula. Pero os seres vivos, eses misteriosos seres que se reproducen, aliméntanse e relaciónanse co exterior, valéndose precisamente das leis químicas e físicas, son máis complexos.  Dita fórmula é o que se coñece como unha «lei potencial», un tipo de función matemática que relaciona dúas magnitudes: o metabolismo está intimamente relacionado coa abundancia, e o crecemento está moi relacionado coa mortalidade.

Pero o máis importante que observaron é que a velocidade de crecemento limita o metabolismo dun animal, dunha forma moi profunda. Aínda que, tamén ocorre ao contrario: o metabolismo limita o crecemento, aínda que sexa dun modo máis superficial.

FONTE: Gonzalo López Sanchez/abc.es/ciencia

0 comentarios