Blogia
vgomez

ATOPADA EN ASTURIAS UNHA ESPECIA DE ESTURIÓN DESAPARECIDA EN EUROPA

ATOPADA EN ASTURIAS UNHA ESPECIA DE ESTURIÓN DESAPARECIDA EN EUROPA

O esturión exponse actualmente no Centro de Experimentación Pesqueira de Asturias (Xixón) / CENTRO DE EXPERIMENTACIÓN PESQUEIRA-P. DE ASTURIAS

O esturión que quedou atrapado nas redes duns pescadores en augas asturianas en novembro de 2010 pertence á especie Acipenser oxyrinchus, practicamente desaparecida en Europa. Así o revela o estudo xenético e morfológico do animal que dirixiron investigadores da Universidade Complutense de Madrid (UCM) e que se publica agora na revista PLOS ONE.

Os expertos descoñecen de onde procede o esturión. Existen numerosos exemplares desta especie nas costas atlánticas de América do Norte, polo que os científicos non descartan que o exemplar puidese chegar ás costas asturianas desde alí, tras unha longa viaxe.

Hai precedentes doutros exemplares que migraron desde América do Norte ata o Báltico, fai entre 1.200 e 800 anos, e tamén se teñen rexistros doutros peixes marcados, capaces de percorrer grandes distancias de ata miles de quilómetros.

 

O esturión capturado na augas de Xixón / CENTRO DE EXPERIMENTACIÓN PESQUEIRA-P. DE ASTURIAS

O esturión era unha femia de 120 kilógramos de peso e dous metros e medio de lonxitude. Foi pescada de forma accidental a oito metros de profundidade, preto da praia de San Lorenzo de Xixón.

Os resultados da necropsia revelaron que morreu como consecuencia da captura polos pescadores. Froito desta acción, o seu corpo estaba cheo de marcas das redes e cordas utilizadas. O exemplar consérvase actualmente no Centro de Experimentación Pesqueira de Asturias, en Xixón.

Nun primeiro momento, identificouse como Acipenser, pero os estudos moleculares e morfológicos posteriores concretaron máis e revelaron que se trata dun Acipenser oxyrinchus. Os científicos cren que era un exemplar que nadaba en solitario, extraviado, e están a traballar con expertos do Queens College e do NYU School of Medicine en Nova York (EE UU) para pescudar onde naceu.

Dada a súa rareza en augas europeas, non está protexida como especie en perigo.

Nos últimos anos, en augas de Europa occidental só localizáronse exemplares desta especie e doutras dúas do mesmo xénero en Gales (Reino Unido), na conca do río Garona (Francia) e na conca do río Po (Italia).

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

0 comentarios