Blogia
vgomez

ATOPAN UN DINOSAURO, PARECIDO A UNHA AVESTRUZ, DE 800 QUILOS, UN DOS MÁIS GRANDES DO SEU TIPO

Os ornitomimosaurios era un grupo de dinosauros parecidos fisicamente (só fisicamente) ás avestruces: posuían cabezas pequenas en comparación ao resto do corpo, pescozos e extremidades longas e tres falanxes nos membros dianteiros. Ademais, tiveron moito éxito: estendéronse hai entre 130 e 66 millóns de anos nos territorios que hoxe son Asia, América do Norte e España. De feito, os restos atopados aquí, concretamente en Cuenca, aínda seguen revelando sorpresas. Agora, uns restos de dous especímenes achados en América do Norte engaden unha peza máis do quebracabezas destes dinosauros, coñecidos tamén como os lagartos imitadores de aves. Os resultados acaban de publicarse na revista PLOS ONE.

O estudo, encabezado por Chinzorig Tsogtbaatar, do Museo de Ciencias Naturais de Carolina do Norte, estudaron os novos fósiles, datándoos nuns 85 millóns de anos, un período pouco coñecido da evolución dos dinosauros de América do Norte. Ao comparar as proporcións destes fósiles e os patróns de crecemento dos ósos, os autores determinaron que os fósiles probablemente representan dúas especies diferentes de ornitomimosaurios, unha relativamente pequena e outra moi grande. Tan grande como que o espécime probablemente pesaba máis de 800 quilos, a pesar de que aínda estaba en período de crecemento cando morreu. Isto convérteo nunha das especies máis grandes coñecidas no seu tipo.

Estes fósiles dan unha valiosa información sobre os ecosistemas de dinosauros do Cretácico superior do leste de América do Norte, unha zona e un período aínda con moitos interrogantes.


Seccións transversais paleohistolóxicas de elementos seleccionados de (A) individuos de corpo grande e (B) de corpo mediano dos ornitomimosaurios Eutaw, e (C) tamaño corporal relativo dos ornitomimosaurios Eutaw dentro de taxóns de ornitomimosaurios coñecidos ao longo dun tempo xeolóxico / Tsogtbaatar e outros

Doutra banda, tamén lanzan luz sobre a evolución dos ornitomimosaurios: os tamaños corporais xigantes e as múltiples especies que viven unha á beira da outra son tendencias recorrentes para estes dinosauros en América do Norte e Asia. É de esperar que un estudo adicional aclare as razóns detrás do éxito destas estratexias de vida.

Os autores agregan: "A coexistencia de taxones de ornitomimosaurios de corpo mediano e grande durante o Santoniano do Cretácico superior de América do Norte non só proporciona información crave sobre a diversidade e distribución dos ornitomimosaurios norteamericanos da masa terrestre dos Apalaches, senón que tamén suxire evidencia máis ampla de múltiples especies de dinosauros ornitomimosaurios que cohabitan nos ecosistemas do Cretácico tardío de Laurasia".

FONTE: abc.es/ciencia

0 comentarios