Blogia
vgomez

PREMIOS FRONTEIRAS DO COÑECEMENTO 2022: BILOLOXÍA E BIOMEDICINA

De esquerda á deterita: Drew Weissman, Katalin Karikó e Robert Langer en dúas imaxes distribuidas pola Fundación BBVA / FUNDACIÓN BBVA (Europa Press)

As investigacións sobre ARN mensaxeiro (ARNm), que permitiron o desenvolvemento das vacinas contra a covid, foron recoñecidas pola Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento ao outorgar o seu máximo galardón anual en Bioloxía e Biomedicina a Katalin Karikó (Szolnok-Hungría, 17 de xaneiro de 1955), Robert Langer (Albany-Estados Unidos, 19489 e Drew Weissman (Lexington-Estados Unidos, 1959). O tres científicos, segundo o xurado, foron premiados “polas súas contribucións ás terapias de ARN mensaxeiro e pola tecnoloxía de transferencia que permite a nosas propias células producir proteínas para a prevención e o tratamento de enfermidades”. A húngara Karikó, cuxas primeiras investigacións foron rexeitadas ata perder o posto na universidade, e o estadounidense Weissman, que sufriu problemas similares, foron distinguidos o pasado ano cos premios Princesa de Asturias. Langer, tamén de EEUU e investigador no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT), lembrou que os seus traballos foron desestimados até nove veces antes de ser tidos en conta.

Os traballos da bioquímica Karikó, filla dun carniceiro húngaro; Weissman, o inmunólogo con quen colabora desde hai 20 anos; e do enxeñeiro químico Langer permitiron a creación das vacinas de Moderna e Pfizer-BioNTech, baseadas en ARN mensaxeiro (instrucións para a xeración dunha proteína que desencadea a resposta inmunitaria). Tras medio século de loita neste campo, desprezados nos seus inicios, as súas investigacións foron fundamentais para a creación das vacinas nun tempo 10 veces inferior ao habitual para este tipo de fármacos.

Langer, especializado en sistemas de administración de fármacos e enxeñaría de tecidos, forma parte da directiva de Moderna. Este catedrático do MIT foi o primeiro en sinalar o camiño das investigacións cando, nos anos setenta, demostrou que era posible encapsular moléculas de acedos nucleicos en nanopartículas e transferilas ao interior do corpo. Segundo o xurado, “abriu así a porta a empaquetar as macromoléculas terapéuticas, incluído o ARNm, de forma que poidan ser transferidas ás células e que a propia maquinaria de tradución celular sintetice a proteína antíxeno”.

Karikó, que agora forma parte de Pfizer, estudou as posibilidades da modificación da molécula xenética chamada ARN mensaxeiro para instruír ás células humanas a producir proteínas personalizadas. A súa idea inicial era desenvolver terapias para as enfermidades cardíacas, pero o coronavirus deu un envorco aos obxectivos para centrarse na solución da pandemia.

Ben merecido. Parabéns!

FONTE: Raúl Limón/elpais.com/ciencia

0 comentarios