CANTO SABES SOBRE APICULTURA? XI
Continúo coa serie adicada á apicultura, a actividade agropecuaria que consiste na cría e explotación de abellas domésticas.
A contestación correcta á pregunta de onte é Método de reprodución das abellas: as raíñas poden poñer ovos fecundados e sen fecundar. A partenoxénese é unha forma de reprodución asexual na que os gametos femininos desenvólvense por si sós, sen ser fecundados por gametos masculinos. Isto significa que, mediante procesos químicos ou ambientais, un óvulo divídese sucesivamente ata chegar a formar un novo individuo completo. As células xerminais ou sexuais conteñen a metade de cromosomas que as células somáticas (o resto de células do organismo). Así, un organismo partenoxenético, como é un zángano, presenta en todas as súas células a metade de cromosomas que a súa nai, a abella raíña. O ciclo reprodutivo das abellas pódese resumir da seguinte maneira: unha abella raíña pode ou ben ser fecundada por un zángano e ter descendentes diploides todos femia, ou ben reproducirse ela soa dando lugar a machos haploides.
E imos coa pregunta de hoxe!
11. Pode haber unha colmea con dúas raíñas?
- Non, en cada colmea só hai unha raíña
- Só en ocasións moi raras, entre relevos de raíñas
- Si, con un método de traballo de dobre raíña
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: apiculturaymiel.com e genotipia.com Imaxe: coronaapicultores.blogspot.com
0 comentarios