CANTO SABES DE ITALIA? XIII
Continúo coa serie adicada a Italia, país ubicado no centro do mar Mediterráneo, na Europa meridional, berce do renacemento europeo, o país da bota ten de todo e para todo o mundo.
A contestación correcta á pregunta de onte é Adriático. Venecia está situada no nordés de Italia. É tamén a capital da rexión Véneta e da provincia de Venecia. O seu centro histórico, declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco, está situado nun conxunto de illas na lagoa de Venecia, no norte do mar Adriático. A cidade está construída sobre un arquipélago de 118 pequenas illas (se incluímos as illas de Murano, Burano e Torcello), case todas elas unidas entre si por 455 pontes, e inclúe seis distritos ou municipalità en terra firme (terraferma veneziana) onde vive a maioría da poboación: uns 60.000 habitantes no centro insular e 200.000 en terra firme.
E imos coa pregunta de hoxe!
13. Como xa dixemos, o Vaticano, é un enclave dentro da cidade de Roma (Italia). Un dos sesi microestados europeos e o estado máis pequeño do mundo. Pero cal é a súa extensión?
- 0,49 km2
- 49 km2
- 149 Km2
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org e banderasphonline.com
0 comentarios