Blogia
vgomez

AS MARABILLAS NATURAIS MÁIS ESTRAÑAS DA TERRA III

Continúo coa serie as marabillas naturais máis estrañas da Terra, onde viaxaremos polo mundo natural, que nos amosa formas caprichosas, ecosistemas ancorados en milenios pasados, formas misteriosas,...

Hoxé imos a...

3. Outeiros de Chocolate (Filipinas)

A formación xeolóxica dos Outeiros de Chocolate (Chocolate Hills) son unha famosa atracción turística de Bohol, en Filipinas. Ao longo dun superficie de máis de 50 quilómetros cadrados repártense ao redor de 1.268 conos en formas de outeiros, cunha altura entre 40 e 120 m, cubertas de herba verde que se volve marrón durante a estación seca.

Están declaradas terceiro Monumento Xeolóxico Nacional de Filipinas e propostas para a súa inclusión na lista de Patrimonio da Humanidade da Unesco.​

FONTE: Paloma Santanaría/abc.es Imaxe: vinosycaminos.com

0 comentarios