Blogia
vgomez

AS PRIMEIRAS BALEAS BARBADAS TIÑAN DENTES

Ilustración dun exemplar de Llanocetus denticrenatus / CARL BUELL

Non é casualidade que as pezas que achegan rixidez a un corpiño chámense baleas. No século  XIX aínda se seguían usando  filamentos de barba de balea nestas incómodas pezas que  deformaban o corpo da muller. Na actualidade fabrícanse con plástico ou metal pero o curioso sistema de filtración de alimento destes xigantes mamíferos mariños segue sendo obxecto de estudo para moitos científicos.

Ata agora críase que a alimentación por filtración (a través das barbas) xurdiu por primeira vez cando as baleas aínda tiñan dentes, pero un estudo publicado en  Current Biology demostrou que un dos parentes máis antigos das baleas actuais non contaba con ningún sistema de filtrado na boca. A análise do cranio dun  Llanocetus  denticrenatus de hai 34 millóns de anos atopado na Antártida suxire que as bocas das primeiras baleas estaban equipadas con  encías e dentes ben desenvolvidos, que aparentemente usaban para morder a presas de gran tamaño.

Llanocetus  denticrenatus, antigo parente das baleas xibardo e azuis, probablemente foi un depredador formidable. Do mesmo xeito que os seus parentes actuais, esta primitiva balea tiña  surcos distintivos no padal, onde xeralmente atópanse os vasos sanguíneos que  irrigan ás barbas. A diferenza radica en que no  Llanocetus os  surcos agrupábanse ao redor das concas dentais, onde as barbas serían inútiles e corrían o risco de ser esmagadas.

Os achados suxiren que as  encías en baleas como  Llanocetus gradualmente volvéronse máis complexas ata evolucionar ás barbas que coñecemos actualmente. "Esa transición probablemente ocorreu tras a perda dos dentes", sosteñen os autores deste estudo. As baleas pasaron de alimentarse de presas grandes a un sistema de filtrado máis eficiente. "As barbas xurdiron como unha forma de manter a estas presas dentro da boca", explica o autor principal do estudo.

As barbas non soportan o paso do tempo e podrecen, o que complica estudar a evolución destes xigantes da natureza. Os científicos teñen que conformarse con analizar os indicadores que conservan os ósos do cranio, como  surcos ou  protuberancias que indiquen a presenza de determinados vasos sanguíneos. Nos ósos de  Llanocetus obsérvase claramente o desgaste duns dentes afiados, amplamente  espaciados, usados para morder e cortar presas.

Cunha lonxitude corporal de ao redor de oito metros, o comportamento social deste antigo exemplar era moi diferente ao das baleas actuais. "É moi difícil coñecer o comportamento social das baleas extintas posto que os fósiles normalmente non conservan suficiente información. Temos a hipótese de que o  Llanocetus non emprendeu longas migracións e non se mantiña en áreas de alimentación como o fan algunhas baleas na actualidade. Probablemente foi un depredador solitario", afirmase no estudo. 

As primeiras baleas como  Llanocetus alimentábanse dunha forma parecida á dos mamíferos terrestres, pero a vida acuática facilitaba un novo método, a  succión. "Xa non necesitaban os seus dentes para soster ou  masticar ás súas presas, polo que simplemente perdéronas", indíca o estudo. Un proceso apreciable en numerosas especies, como os golfiños actuais ou o extinto  Australodelphis; as baleas picudas, as baleas piloto ou os cachalotes. Todos teñen menos dentes que os seus parentes ou perdéronos.

FONTE: Raqule Díaz/elmundo.es/ciencia

0 comentarios