A ORIXE DAS PALABRAS: APAGA E VAMOS
Apaga e vamos! Emprégase ao ver que unha cousa toca ao seu termo, e tamén cando se oe ou ve algo disparatado ou absurdo.
A orixe deste modismo provén dunha historieta andaluza, bastante irreverente, que, segundo din ocorreu realmente no pobo alpuxarreño de Pitres, termo municipal que coñecemos co nome árabe da Tahá, e que se alza a beiras do río Bermejo. Ao parecer, os dous sacerdotes do conto cruzaron unha aposta co fin de saber quen de ambos era capaz de dicir a misa con maior brevidade. O primeiro deles, en lugar de usar a fórmula inaugural da liturxia, Introibo ad altare Dei, abriu a cerimonia polo final: Marchade, vós sodes enviados. Dito en latín: Ite missa est. O segundo clérigo, ao observar de que modo tan desvergonzado condensaba o seu competidor a eucaristía, volveuse ao monaguillo, que sostiña a candea, para dicirlle: Apaga e vamos.
Ninguén tivo dúbida de quen dos dous dixera unha Misa en menos tempo.
Desta maneira chegou a expresión ata os nosos días, para usala cando queremos indicar que algo terminou ou que chegou ao seu fin.
FONTE: Arturo Montenegro/cvc.cervantes.es Imaxe: artofpewter.com
0 comentarios