Facebook Twitter Google +1     Admin

A "CARA" DE MARTE

Publicado: 27/04/2013 20:01 por vgomez en CURIOSIDADES
20130427200047-cara-marte-viking.jpg

A cara ce Marte / Imaxe: NASA

Aínda que Marte é un dos obxectos celestes máis observados e estudados, e aínda que o ser humano foi capaz de colocar na súa órbita e na súa superficie un número de instrumentos, sondas e rovers nada desdeñable, o planeta segue suscitando a imaxinación e as fantasías humanas.

Unha das imaxes máis famosas foi captada pola sonda Viking 1 en 1976. Trátase da "cara de Marte", unha figura que recorda perfectamente a un rostro humano, que mide uns 3 quilómetros de longo por 1,5 de quilómetros e está situada na rexión de Cidonia.

Os amantes da ufoloxía pronto interpretaron o achado como a proba da existencia dunha civilización extraterrestre, pero a cara non é tal. Só é unha formación xeolóxica natural, un humilde montículo capaz de enganar os nosos sentidos. O cerebro tende a facernos recoñecer as formas que xa coñece.

FONTE: Xornal abc/ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.