Facebook Twitter Google +1     Admin
20130719114224-galicia-la-zona-de-espana-mas-expuesta-al-gas-radon.jpg

Nas zonas rosas, o 10% dos edificios teñen concentracións de radon superiores a 300 Bq/m3. As grises están pendentes de clasificación.

Investigadores da UNED e do Consello de Seguridade Nuclear (CSN) deseñaron o primeiro mapa que delimita as rexións con máis risco de exposición ao gas radon na península. Os niveis altos deste gas radiactivo natural implican un maior risco de padecer cancro de pulmón. Os métodos estatísticos empregados sinalan que as zonas con máis perigo atópanse na parte occidental, especialmente en Galicia.

O gas
radon supón a maior fonte de radiactividade natural. A Organización Mundial da Saúde clasifica a exposición a este gas como a segunda causa máis importante de cancro de pulmón en determinados países. Fórmase pola desintegración do radio e do uranio do chan, sobe ata a superficie e penetra nas vivendas. Como non ule, se pode detectar salvo mediante unha medición.

En España non se realizara un estudo en todo o territorio, como explica Alfonso García-Pérez, investigador do departamento de Estatística, Investigación Operativa e Cálculo Numérico da UNED, un dos autores da investigación.

O método estatístico serve para avaliar as zonas de risco ao radon. O CSN recomenda que nos domicilios non existan concentracións medias anuais de 300 Bq/m3 (becquerelios por metro cúbico de aire), valor que aparecerá na futura Directiva Europea sobre Protección Radiolóxica, aínda que a recomendación actual é de 400 Bq/m3. En Estados Unidos, non obstante, o límite está en 148 Bq/m3.

O estudo, publicado na
revista "Journal of Radiological Protection"   , mostra que en case toda Galicia, o oeste de Asturias, a parte máis occidental de Castela e León, Extremadura e zonas noroccidentais de Andalucía, unha porcentaxe significativa dos edificios presenta niveis superiores a 300 Bq/m3. Marta García-Talavera, técnica do CSN, é a autora principal do traballo.

As concentracións máis elevadas do gas danse nos sotos e nas plantas baixas e redúcense á metade a partir da segunda planta. Á parte das zonas mencionadas, a serra da Comunidade de Madrid e algúns enclaves de Cataluña e de Pireneos tamén son áreas con niveis superiores de radon. Estes terreos presentan unha alta concentración de elementos radiactivos da cadea do uranio e unha maior xeración de radon.

O proceso estatístico empregado foi o test de hipótese a partir de medicións reais do gas en vivendas, procedentes dunha base de datos con 11.000 medicións. Ademais, utilizouse o mapa de radiación gamma natural de España, elaborado polo CSN, e os mapas relativos a rochas e minerais do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España.

García-Pérez sostén que a investigación pode servir de base para o desenvolvemento de regulación e normativa nova. Entre as posibilidades para minimizar as concentracións de radon sinala que "as vivendas han de construírse con material que ille o terreo e os alicerces". Outras medidas máis "caseiras" para paliar os efectos deste tipo de radiactividade consisten en ventilar as casas con frecuencia e evitar a interacción deste gas cos efectos do tabaco.

FONTE: El Blog: Ciencia y tecnología / José Manuel Nieves

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next