Facebook Twitter Google +1     Admin

«CARBON FARMING»

Publicado: 04/08/2013 10:53 por vgomez en ZONA VERDE
20130801133803-carbon-farming.jpg

Unha planta de desalinización da auga de mar serve para «alimentar» a plantación de Jatropha curcas que captura o CO2 atmosférico e que produce, ademais, bioenerxía para «alimentar» á súa vez, os sistemas de desalinización e irrigación / UNIVERSIDADE DE HOHENHEIM

Mentres o planeta empeza a sentir os efectos do aumento do dióxido de carbono na atmosfera e o consecuente aumento global da temperatura, os investigadores están a buscar un «plan b» para mitigar os efectos do cambio climático.

Un grupo de científicos alemáns desenvolveron un método para que a captura de dióxido de carbono, se faga de forma natural, é dicir, a través das árbores. A técnica, "Carbon farming", consiste en plantar árbores en rexións áridas a grande escala para capturar CO2. O estudo publicouse en Earth System Dynamics, da Unión Europea de Geociencias (EGU)  .

Cando se trata de capturar dióxido de carbono da atmosfera, o equipo de traballo mostrou que a planta « Jatropha curcas », é a máis idónea. É unha planta oleaxinosa de cuxas sementes se obtén aceite a partir do que pode producirse biódiesel. É orixinario de México e Centroamérica, pero que crece na maioría dos países tropicais. Cultívalla en América Central, Sudamérica, Asia, India e África.

É moi resistente á aridez polo que pode ser plantada en zonas calorosas e secas, en terras que non son apropiadas para obter alimentos. Esta planta, loxicamente tamén necesita auga, polo que as áreas costeiras onde se pode desalgar a auga de mar é ideal para esta plantación.

O estudo mostra que unha hectárea de Jatropha pode capturar ata 25 toneladas de dióxido de carbono atmosférico por ano, durante un período de 20 anos. Unha plantación que ocupase o 3% do do deserto árabe, podería, por exemplo, absorber nun par de décadas todo o CO2 producido polos vehículos en Alemaña durante o mesmo período de tempo. Con mil millóns de hectáreas cultivadas, poderíase absorber unha porción significativa do CO2 que está na atmosfera dende a revolución industrial.

Pero hai máis vantaxes: o prezo desta técnica vai dos 42 aos 63 euros por tonelada de CO2, facéndoa competitiva con outras técnicas de captura e almacenamento. Ademais, despois duns anos, as plantas poderían producir bioenerxía que pode servir para «alimentar» os sistemas de irrigación e desalinización.

Prometedora idea!

FONTE: Xornal El País/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.