XESTO AMBIENTAL DO MES DE SETEMBRO
Os microplásticos son pequenos fragmentos de plástico de menos de cinco milímetros. Algúns aparecen no proceso de descomposición ou rotura de envases máis grandes, pero outros, como é o caso das partículas que conteñen moitas cremas ou dentríficos, son así de pequenos desde a súa fabricación. Convén evitalos non só porque son imposibles de reciclar, senón tamén polos seus efectos na saúde dos humanos que son, polo momento, moi pouco coñecidos.
Substituír os produtos de hixiene e beleza con microplásticos por outros que non os conteñan é sinxelo. Mesmo se se busca algún produto con efecto exfoliante é posible atopar alternativas como produtos con sal mariño e exfoliantes a base de plantas, como sementes trituradas de albaricoque e casca de coco.
FONTE: P. Cantó/L. Bou (Ilustración)/Verne/elpaís.com
0 comentarios