RADIACIÓN ULTRAVIOLETA 4

Sol e radiacións UV / Imaxe:hestar.com
Tópicos sobre a radiación ultravioleta
Verdadeiro ou falso | Resposta | Aclaración |
Deberíase evitar tómar o sol entre as 12 e as 17 horas | ![]() | Debido a que estas son as horas ás que o sol está máis elevado e por tanto, a radiación UV é máis alta. |
O sol en inverno e primavera non é perigoso. | ![]() | A intensidade da UV tamén depende da latitude, altitude e a reflexión do terreo. |
A reflexión da radiación UV pola area e a auga é importante. | ![]() | A radiación directa é tan importante coma a reflectida polo terreo. |
É necesario poñerse ó sol, xa que a radiación UV xera vitamina D. | ![]() | Só é necesario moi pouco tempo de exposición ó sol, para xerar a vitamina D necesaria. |
Canto máis elevado esteas sobre o nivel do mar, máis se queimará a túa pel. | ![]() | A maior altitude sobre o nivel do mar, máis pequena é a atenuación da radiación UV pola atmosfera. |
Non te podes queimar mentres esteas na auga. | ![]() | Aínda que a auga atenúa a radiación UV tamén a reflexa, e non se nota o quecemento da pel. |
Canto máis pequena é a túa sombra, máis perigosa é a exposición ó sol. | ![]() | A túa sombra é máis pequena no mediodía solar, xusto cando a radiación UV é máis intensa. |
Non te podes queimar nun día anubrado. | ![]() | Aínda que as nubes atenúan o paso da radiación UV, esta pode ser suficientemente intensa coma para chegar a queimarte. |
Estar exposto moito tempo ao sol é perigoso independentemente da túa idade. | ![]() | A pel humana é sensible á radiación UV a través de todo o seu ciclo de vida. |
Se a exposición ao sol é a intervalos é máis difícil que chegue a queimarme. | ![]() | A absorción de radiación UV é acumulativa durante todo o día. |
A radiación solar non afecta só á pel, senón tamén ós ollos. | ![]() | O queimado da pel é o efecto máis coñecido da radiación UV, pero as cataratas son outro dos seus efectos. |
A xente de pel branca e pelo rubio son particularmente sensibles á radiación UV. | ![]() | A xente de pel branca e pelo rubio son o grupo máis sensible á radiación UV. |
Os efectos negativos das queimaduras cutáneas son acumulativos. | ![]() | A capacidade do corpo humano para protexer e reparar os danos provocados pola radiación UV decrece durante o tempo de vida. |
Curiosidades
- Ó redor do 95% da radiación UV penetra na auga, e o 50% faino ata unha profundidade de 3m.
- A exposición á radiación UV altera o sistema inmune, pode desencadear ou agravar certas enfermedades cutáneas e tamén causar reaccións de fotosensibilidade de causa tóxica ou alérxica.
- Aínda que moitos dos peores efectos debidos á excesiva exposición ó sol non aparecen na xuventude, a investigación medica mostra que a meirande parte da radiación UV que nos alcanza ó longo de toda a vida (ata o 80%) ocorre nos primeiros 18 anos e que as queimaduras solares intensas na infancia aumenta significativamente o risco de desenvolver cancro cutáneo na idade adulta.
FONTE: meteogalicia.es
0 comentarios