Facebook Twitter Google +1     Admin

10 CURIOSIDADES SOBRE A LÚA (II)

Publicado: 10/09/2013 09:58 por vgomez en CURIOSIDADES
20130904193029-1312454059975.jpg

A colisión entre os dous cuerpos pode explicar as diferenzas no relevo entre a cara visible da Lúa e a oculta / NASA

Continuamos con curiosidades sobre o noso satélite, a Lúa. Esta é a segunda: EXISTIRON DÚAS NO CEO?

Científicos da Universidade de California en Santa Cruz e a de Berna sosteñen que unha segunda lúa, máis pequena, formouse case ao mesmo tempo que o noso satélite. Ese mundo sobrevivíu apenas uns poucos  millóns de anos, para chocar finalmente contra a Lúa que coñecemos e esmagarse, literalmente, contra a súa superficie.

Como xa explicaron estes investigadores en 2011, nun artigo en Nature, a "colisión lenta" da Lúa con ese segundo satélite máis pequeno podería explicar por que as dúas caras da Lúa son tan diferentes. Segundo a súa teoría, ambos os dous satélites fusionáronse nun só hai millóns de anos tras un encontro que durou varias horas e que deu como resultado a única Lúa que podemos ver na actualidade.

FONTE: Xornal abc/ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.