10 CURIOSIDADES SOBRE A LÚA (II)
A colisión entre os dous cuerpos pode explicar as diferenzas no relevo entre a cara visible da Lúa e a oculta / NASA
Continuamos con curiosidades sobre o noso satélite, a Lúa. Esta é a segunda: EXISTIRON DÚAS NO CEO?
Científicos da Universidade de California en Santa Cruz e a de Berna sosteñen que unha segunda lúa, máis pequena, formouse case ao mesmo tempo que o noso satélite. Ese mundo sobrevivíu apenas uns poucos millóns de anos, para chocar finalmente contra a Lúa que coñecemos e esmagarse, literalmente, contra a súa superficie.
Como xa explicaron estes investigadores en 2011, nun artigo en Nature, a "colisión lenta" da Lúa con ese segundo satélite máis pequeno podería explicar por que as dúas caras da Lúa son tan diferentes. Segundo a súa teoría, ambos os dous satélites fusionáronse nun só hai millóns de anos tras un encontro que durou varias horas e que deu como resultado a única Lúa que podemos ver na actualidade.
FONTE: Xornal abc/ciencia
0 comentarios