SOBRE AS MAREAS III
Continuo coas curiosidades sobre as mareas, a partir das explicacións do xornalista e divulgador científico Marcus Chown, no seu libro "Gravidade. Unha historia da forza que o explica todo" (Blackie Books, 2019).
2. Dúas mareas altas ao día, por que?
Mareas / Imaxe: sailandtrip.com
Que as mareas son cuestión da gravidade que exerce a Lúa sobre a Terra é algo que a maioría do mundo sabe: a forza de atracción do noso satélite curva cara a si mesmo a superficie das augas, o que provoca que baixe o nivel do mar nas zonas costeiras. Con todo, pasou moito tempo ata que se puido contestar á pregunta de por que os pescadores vían a diario dúas mareas altas no océano Atlántico. «Segundo o razoamento de Newton, a Lúa provoca non un, senón dous abultamentos no océano: un no punto máis próximo á Lúa e o outro no punto oceánico máis afastado de ela». No punto oposto á Lúa prodúcese outro abultamento porque a Lúa exerce a súa poder sobre o fondo mariño, equilibrando nunha elipse a superficie do mar ao redor da Terra. É dicir, non é a gravidade unicamente a que provoca as mareas, senón a diferenza desta entre o fondo mariño e a superficie.
FONTE: Patricia Biosca/abc.es/ciencia
0 comentarios