Blogia
vgomez

NON FAI FALTA SER UN XENIO PARA SER XENIAL

 

Poucos saben que o popular presentador de televisión, Christian Gálvez, é ademais un apaixonado do Renacemento e da figura de Leonardo da Vinci. Comezou a investigar ao xenio renacentista tras visitar ‘A última cea’ en Milán. Unha experiencia que prendeu a mecha da súa curiosidade para sempre. Segundo explica: “Grazas á curiosidade, a perseveranza e a paixón, todas as persoas podemos converternos nunha mellor versión de nós mesmos”. Como profesional da comunicación dende 1995, Gálvez defende firmemente a divulgación daquilo no que cre: “Só son un intruso, apaixonado por Da Vinci, que tenta achegarse con rigor á cultura. E tamén achegar esa cultura á xente”. Christian Gálvez forma parte do proxecto internacional ‘Leonardo DNA Project’, cuxo obxectivo é completar un perfil xenético de Leonardo da Vinci. Ademais, é membro da Academia das Artes e as Ciencias de Televisión, do ICOM España (Consello Internacional de Museos), da  AEM (Asociación Española de Museólogos) e da AAM (American Alliance of Museums). Como escritor de ficción, é autor da saga de novelas históricas ‘Crónicas do Renacemento’ e coautor da colección de contos infantís ‘O pequeno Leo Da  Vinci’. En 2017 publicou o ensaio ‘Leonardo da  Vinci: cara a cara’, polo que foi galardoado co Premio Especial dos ’Premios de Xornalismo Científico Concha García Campoy’. Na actualidade, compaxina o seu traballo como presentador co comisariado da exposición ‘Leonardo da  Vinci: os rostros do xenio’.

0 comentarios