Blogia
vgomez

FELICIDADE E SOIDADE


Pódese medir a felicidade? Por sorprendente que pareza, a resposta é: “Si”. No Instituto de investigación da felicidade de Copenhague lévano facendo desde o ano 2012. Pero, para que serve medila? Segundo o físico Alejandro Cencerrado, analista deste centro: “Deberiamos ter unha medida fiable para saber se as persoas son felices se queremos que a nosa sociedade sexa unha verdadeira sociedade do benestar”. Segundo explica, algúns países xa están a adecuar as súas leis e políticas á felicidade dos seus cidadáns, como Bután ou Nova Zelanda. “Se o único que utilizamos para medir o progreso social é o PIB, a produtividade ou o desemprego, nunca saberemos realmente que está a afectar ao benestar da xente e tampouco poderemos actuar sobre iso”, engade.

Segundo os estudos realizados por este pioneiro centro danés, a soidade é o factor que máis incide no benestar individual e colectivo: “A soidade é o mal dos nosos tempos, comprobamos que afecta á felicidade das persoas mesmo máis que a saúde física”, explica  Cencerrado.

Alejandro Cencerrado Rubio é licenciado en Ciencias Físicas pola Universidade Complutense de Madrid, experto en Estatística e analista Big data do Instituto de investigación da felicidade de Copenhague (Dinamarca) desde hai seis anos.


0 comentarios