Facebook Twitter Google +1     Admin

A QUENLLA DE GROENLANDIA

Publicado: 11/09/2013 08:43 por vgomez en CURIOSIDADES
20130910112557-tiburon-groenladia.jpg

Somniosus microcefalus / Imaxe:abc.es

A quenlla de Groenlandia (Somniosus microcefalus), vive no norte do Océano Atlántico e o Glaciar Ártico (arredor das costas de Groenlandia e Islandia). É unha das especies máis grandes desta familia, xa que acada ata sete metros de lonxitude, e pode nadar a profundidades abisais. Ten aspecto de rocha e pode vivir ata máis de 200 anos. Aliméntase principalmente de peixes, luras e mamíferos mariños como focas e morsas, mesmo de osos polares. Científicos que examinaron os estómagos dalgúns exemplares atoparon os seus ósos.

O home é a súa maior ameaza. Tradicionalmente foron pescados polos habitantes de Islandia e Groenlandia, que fabrican botas coa súa pel e converten os seus dentes en ferramentas de corte.

FONTE: Xornal abc/ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.