Blogia
vgomez

INVENTOS QUE MATARON AOS SEUS CREADORES IV

Continúo coa viaxe por estas fascinantes e tráxicas historias que revelan o perigo que acompaña á procura do progreso, xa que os seus creadores pagaron o prezo máis alto polas súas propias xenialidades, xa que a innovación ás veces chega a consecuencias un tanto imprevistas e, en ocasións, letais.

4. Barril non tripulado de Soucek

Percorrer as cataratas do Niágara nun barril non tripulado? Karel Soucek (1947-1985) era un especialista canadense de cinema, ávido de experiencias fortes. Os seus inventos de conquistar marabillas naturais das formas máis enxeñosas fíxose popular en todo o mundo e unha das súas creacións máis extravagantes foi o desenvolvemento dun barril especialmente deseñado para soportar a forza das augas das cataratas do Niágara. Fíxoo con éxito en 1984; volveu sangrando, pero vivo. Contento co resultado, decidiu instalar unha recreación das cataratas do Niágara dentro do Astrodome de Houston para repetir a súa fazaña. Desafortunadamente, o barril golpeou o bordo do tanque de auga que se atopaba debaixo e morreu polas feridas sufridas. Tiña 38 anos.

Continuará...

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.com e es.wikipedia.org    Imaxe: sixpenceee.com

0 comentarios