COIDADO DE NON PISAR AOS ANXELOTES
A praia das Teresitas (Santa Cruz de Tenerife) é unha das praias máis turísticas de Canarias pero tamén un santuario para o quenlla anxo ou anxelote (Squatina squatina), unha das cen especies máis ameazadas do planeta que ten no areal una das súas principais zonas de cría. E aínda que os bañistas están concienciados coa súa protección, a convivencia pode xerar certos inconvenientes.
A revista Turkish Journal Fisheries and Aquatic Sciences publicou un artigo no que se documentou os dous primeiros casos coñecidos de exemplares con escoliosis e cifosis, malformacións que poderían estar causadas por pisadas dos usuarios.
O estudo revelou que o quenlla anxo reprodúcese a principios de verán e que as femias abandonan a praia tras parir alí ás súas crías. Estas permanecen enterradas na area (a súa cor dourada facilita a camuflaxe) durante 3 ou 4 meses ata que se marchan a augas máis profundas. Aliméntanse durante a noite e de día afástanse da zona máis transitada.
Na investigación sinálase que localizaron nas Teresitas un exemplar xuvenil de 24 centímetros cunha curvatura espinal ou escoliosis de 21º e unha cifosis de 25º. E tamén unha quenlla adulta femia en Gran Canaria cunha curvatura de 42º.
Os biólogos cren que estas malformacións poderían deberse con moita probabilidade ás pisadas de bañistas, sobre todo no caso da cría, aínda que tamén apuntan a déficits nutricionais, lesións ao ser liberados tras unha captura accidental, enfermidades, factores xenéticos ou tensión ambiental.
Así mesmo, explican que os seus efectos "non parecen moi graves", debido a que non afectan o seu método de alimentación. Aínda que si expoñen que quizá si ao apareamiento.
Coidado... non pisalos!
FONTE: Sandra Penelas/farodevigo.es
0 comentarios