Blogia
vgomez

Os récords de lonxevidade do reino animal (IX-FIN)

Remato coa serie adicada aos numerosos exemplos de lonxevidade extrema no reino animal existen numerosos exemplos. O estudo destes casos achega á comunidade científica novos instrumentos para estudar como reverter o aparentemente inexpugnable proceso de envellecemento.

Se onte falamos das lagostas, hoxe tócalle finalmente aos elefantes.

 

9.  Elefantes 

Os elefantes non só son un dos animais terrestres máis voluminosos que existen. Tamén se contan entre os máis lonxevos. Calcúlase que os elefantes africanos teñen unha esperanza de vida máxima duns 74 anos, mentres que os asiáticos poden vivir ata os 80 anos. A relación entre o tamaño e a lonxevidade non é casual.

O estudo do metabolismo destes animais serviu de base para desenvolver o chamado ‘paradoxo de Peto, unha hipótese que explicaría por que os animais máis grandes, como poden ser os elefantes ou as baleas, presentan máis adaptacións xenéticas que lles permiten eludir o cancro.

Iso explicaría, por exemplo, por que un elefante, un animal que ten ata cen veces máis células que un humano, conta cunha esperanza de vida tan alta. Non debería ser ao revés? A explicación é que contan cuns xenes especiais capaces de reparar o dano celular e eliminar as células que sufrisen mutacións antes de que desenvolvan o tumor.

Un achado, como o das células da quenlla de Groenlandia, que a comunidade científica estuda non só para investigar as causas do envellecemento, senón tamén para atopar novas ferramentas para combater enfermidades.

FONTE: Sergi Alcalde/ nationalgeographic.com.es     Imaxe: Shutterstock

Fin!

0 comentarios