Facebook Twitter Google +1     Admin

CHEGA O OUTONO

Publicado: 22/09/2013 09:02 por vgomez en OUTRAS COUSAS
20130920153014-105868986-57b2155687.jpg

Caída das follas / Imaxe:astrologosdelmundo.ning.com

O outono comeza hoxe, domingo, 22 de setembro ás 22 horas e 44 minutos, hora oficial peninsular. Esta estación durará 89 días e 20 horas, e rematará o 21 de decembro co comezo do inverno.

O inicio astronómico do outono vén dado, por convenio, como o instante no que o centro do Sol, visto dende a Terra, cruza o ecuador celeste no seu movemento aparente cara ao sur. Cando isto sucede, a duración do día e a noite practicamente coinciden, e por iso, a esta circunstancia chámaselle tamén equinoccio de outono. Neste instante no hemisferio sur iníciase a primavera.

Esta é a época do ano na que a lonxitude do día se acurta máis rapidamente. O Sol sae polas mañás cada día un pouco máis tarde que o día anterior e pola tarde ponse antes, sendo o acurtamento do día especialmente apreciable polas tardes. En definitiva, nestes días o tempo en que o Sol está por enriba do horizonte redúcese en case tres minutos cada día.

Tempo de cores variadas nos campos e montes, baixada de temperaturas, chuvia, recollida de froitos e da chegada dos cogomelos!

FONTE: fomento.es 

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.