COROAVIRUS DE WUHAN
Estes días a noticia sanitaria é o coroavirus de Wuhan. Pero que é e que consecuencias pode ter?
Os coronavirus son unha familia de virus que teñen como característica morfolóxica o que ao miralos polo microscopio electrónico teñen ao redor do seu corpo unhas estruturas redondeadas que son proteínas que se unen por un anel e debuxan unha coroa que rodea ao virus. De aí o seu nome. Dentro desta familia hai diferentes tipos e, por tanto, producen diferentes infeccións, algúns afectan o aparello respiratorio e producen desde infeccións banais como un catarro ata infeccións máis graves como unha pneumonía.
O novo coroarivus 2019-nCoV detectouse por primeira vez en decembro de 2019 na cidade sen costa no centro-oriental chinesa de Wuhan, capital da provincia de Hubei e cuns 11 millóns de habitantes. Polo momento, atopouse una certa vinculación común dos contaxios cun mercado de peixe e marisco de Wuhan.
O coroavirus de Wuham afecta as vías respiratorias e por tanto transmítese como un catarro ou unha gripe, pola tose e o esbirro. A afectación que está a producir é unha pneumonía atípica con dificultade respiratoria nalgúns pacientes. A mortalidade pode chegar ao 30% e como sempre a poboación máis sensible son ospacientes pluripatolóxicos.
Inicialmente a transmisión é de animal a humano, pero viuse que en China está xa ocorrendo a transmisión humano a humano. De aí a gravidade da situación. Non se sabe o alcance da infección ata onde pode chegar. Por agora, infectou a case 600 persoas no país. A pneumonía causada por este coronavirus deixa 17 de mortos en China.
Consellos da OMS para reducir o risco de contaxio
- Evitar o contacto próximo con persoas que sofren infeccións respiratorias agudas.
- Lavarse as mans con frecuencia, especialmente despois do contacto directo con persoas enfermas ou da súa contorna.
- Evitar o contacto sen protección con animais de granxa ou salvaxes.
- As persoas con síntomas de infección respiratoria aguda deben manter a distancia, cubrirse a boca ao toser e esbirrar con panos desbotables ou roupa, e lavarse as mans frecuentemente.
- Dentro das instalacións de atención médica, máxima prevención, especialmente nos servizos de urxencias.
Hai casos confirmados, ademais de Wuhan, en Xapón, Corea do Sur, Estados Unidos e Tailandia.
Que deus nos colla confesados!
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es
0 comentarios