Blogia
vgomez

COMUNICACIÓN CIENTÍFICA DIVERTIDA: BIG VAN CIENCIA

 

Van un neurocientífico, un doutor en bioquímica e un astrofísico… A continuación o máis habitual a este chiste sería… e comezan unha discusión de moitos miolos e aburrida sobre as orixes do universo. Ou algo así. Imos, que non habería chiste. Porque a imaxe dos científicos á que máis habituados estamos é a duns  gafotas  estudosos que pasan o día mirando polo microscopio cosas moi pequeniñas. Fáisenos raro pensar en que os científicos poidan ser uns  cachondos. E iso que se un fíxase nas celebracións dos enxeñeiros da NASA cando acadan os seus obxectivos cabería sospeitar que, detrás de moitas desas batas brancas, latexa un corazón de pallaso.

Algúns deses pallasos e  pallasas uníronse en Big Van Ciencia, un grupo de científicos e investigadores en activo dispostos a demostrar que a comunicación científica pode ser divertida. Helena González, doutora en Biomedicina, é a directora desta peculiar banda, un de cuxos obxectivos é “tratar de dar un punto máis humano á ciencia. Que non sexa o que che vén no libro de texto e telo que aprender porque vén alí. Detrás de todo iso houbo moita xente, como se chegou a ese coñecemento. É a única maneira de espertar un espírito crítico”. No seu caso tratan de acender ese espertador a través de charlas de formación para o profesorado, colaboracións con empresas e grupos de investigación, actividades con estudantes e espectáculos en teatros.

Oriol  Marimon, membro de  Big Van Ciencia e doutor en Química Orgánica, cre que “o problema que teñen os científicos ou as científicas é que teñen moito coñecemento dentro. Están a dedicar a súa vida para estudar esa proteína ou ese  trocito de ADN. En canto poden contalo vólvense tolos, teñen unhas ganas de explicarcho e sóltanche unhas entradas de Wikipedia estupendas”. É dicir, que entende (e desculpa) que os seus compañeiros poidan ser o que coloquialmente se coñece como uns chapas. O certo é que hai poucas actividades humanas nas que se poña tanta paixón como na ciencia. Por moi cerebral e precisa que sexa a investigación, todo auténtico científico entrégase aos seus estudos co arrebato dun namorado. O problema vén á hora de contalo, porque resulta complicado facer poesía conbacterias patóxenas. E, se embargo, pódese explicar unha investigación de forma amena e divertida. Ese é en realidade o principal obxectivo de Big Van Ciencia: fomentar a cultura científica e incentivar as vocacións, especialmente as femininas e nas zonas con maior risco de inclusión social. Porque si, a ciencia pode ser divertida, pero sobre todo a ciencia pode ser unha das principais ferramentas para o progreso da humanidade.

FONTE: José  L. Álvarez  Cedena/elpaís.com

0 comentarios