A IMPORTANCIA DE COIDAR DOS ECOSISTEMAS
Seguro que moitos de vós coñecedes Órbita Laika, programa divulgativo da ciencia presentado por Eduardo Saénz de Cabezón emitido na cadea española TVE2.
Imos recuperar algunhas partes dos seus programas polo seu interese. Neste caso A importancia de coidar dos ecosistemas polo biólogo Ricardo Moure.
Descoidar a contorna animal ou vexetal non só afecta os animais e as plantas, senón tamén aos humanos. Para explicar esta relación, Ricardo abordou o concepto de “One Health” (unha saúde), e a súa relación con epidemias como a gran gripe de 1918 ou a gripe aviaria. O biólogo deu resposta a unha pregunta moi habitual, sobre todo cando viaxamos a outra cidade: podemos beber a auga da billa con tranquilidade?
Moi interesante!
0 comentarios