Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE AS VIAXES ESPACIAIS IV

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Apolo-Soyuz. Esta misión pon fin á carreira especial que durou de 1957 a 1975. Foi a última do programa Apolo e estaba formada por Thomas Standford, Vance Brand e Deke Slayton, por parte de Estados Unidos e de Alexei Leonov e Valeri Kubasov, por parte da URSS. Tratouse do primeiro axuste entre dúas nacións no espazo que foi coroado con agasallos, bandeiras e unha cea conxunta.

E imos coa proposta para hoxe:

4. En que ano chegou o home á Lúa?

- 1967

- 1968

- 1969

Mañá a solución e unha nova proposta.

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

0 comentarios