Blogia
vgomez

O METEORITO DE SUTTER MILL TRAE Á TERRA MOLÉCULAS ORGÁNICAS

O METEORITO DE SUTTER MILL TRAE Á TERRA MOLÉCULAS ORGÁNICAS

Fragmentos do meteorito de Sutter Mill / NASA

En abril de 2012, unha bóla de lume cruzou o ceo de California. Tratábase dun meteorito de gran tamaño ao que se denominou de Sutter Mill, polo lugar onde caeu, famoso por estar relacionado coa febre do ouro en California. Unha gran cantidade de fragmentos foi recollida pouco despois e algúns foron examinados por científicos da Universidade Estatal de Arizona. No laboratorio, os investigadores decatáronse de que esta rocha era diferente. O meteoritos poden ser ricos en compostos orgánicos, incluídos algúns importantes para a vida na Terra, o que sustenta as teorías que defenden a orixe extraterrestre da vida. Pero este en particular contén uns ingredientes completamente inesperados, moléculas orgánicas nunca antes vistas nestas rochas chegadas do espazo.

A detección do meteoro polo
radar meteorolóxico Doppler permitiu unha rápida recuperación do meteorito, de forma que os científicos puideron estudar por primeira vez un meteorito primitivo con pouca exposición aos elementos. Para coñecer a súa composición química, nun principio os investigadores utilizaron métodos tradicionais para a análise de rochas espaciais, nos que se empregan distintas solucións disolventes, pero os resultados foron moi ordinarios.

Entón, aos científicos ocorréuselles disolver os fragmentos en condicións que imitaban as da Terra primitiva, as circunstancias nas que supostamente puido xurdir a vida. E aquí é cando xurdiu a sorpresa. De súpeto, detectaron cunha técnica de espectrometría de masas que o meteorito contiña uns compostos orgánicos que nunca antes se encontraran nunha rocha espacial.

Este traballo, publicado na
revista Proceedings da Academia Nacional de Ciencias (PNAS)  , reforza a teoría de que cometas e meteoritos puideron golpear a nova Terra axudando á evolución molecular que precedeu ás orixes da vida.

FONTE: Xornal abc/ciencia

0 comentarios