Blogia
vgomez

UNHA PONTE DE ESTRELAS ENTRE AS NUBES DE MAGALLANES

UNHA PONTE DE ESTRELAS ENTRE AS NUBES DE MAGALLANES

 

As Nubes de Magallanes, as dúas galaxias satélites máis grandes da Vía Láctea, parecen estar conectadas por unha ponte estelar que se estende 43.000 anos luz, segundo informou un equipo internacional de astrónomos liderado por investigadores da Universidade de Cambridge (EE. UU.) O incrible achado foi publicado na revista Monthly Notices of the Royal Astronomical Society e baséase no censo estelar galáctico realizado polo Observatorio Espacial Europeo Gaia.

A misión Gaia remitiu de datos dunha calidade sen precedentes: un catálogo das posicións e o brillo dun billón de estrelas da nosa galaxia, a Vía Láctea, e os seus arredores. O que Gaia enviou á Terra é único pois ten maior campo de visión que o telescopio espacial Hubble e pode cubrir todo o ceo no canto dunha pequena porción.

Gaia varre todo o ceo en menos dun mes, polo que é capaz de rastrexar os seus cambios co tempo. Así, os expertos concentráronse na área ao redor das Nubes de Magallanes e empregaron os datos de Gaia para seleccionar estrelas pulsantes dun tipo particular: as chamadas RR Lyrae, moi antigas e non evolucionadas químicamente. Como estas estrelas estiveron desde os primeiros días da existencia das Nubes, ofrecen unha visión da historia desta curiosa parella cósmica.

Ao redor da Vía Láctea, as nubes son os exemplos máis brillantes e máis grandes de galaxias satelitales ananas. Coñecidas pola humanidade desde os albores da historia, as Nubes de Magallanes representaron un enigma ata a data. Grazas ás estrelas RR Lyrae puideron trazar a extensión da Gran Nube de Magallanes, descubrindo que esta posuía un "halo" de baixa luminosidade difusa que se estendía ata 20 graos desde o seu centro. En ausencia dunha órbita, os investigadores atoparon algo asombroso: unha corrente estelar.

As correntes de estrelas fórmanse cando un satélite (unha galaxia anana ou un cúmulo de estrelas) comeza a sentir a forza de marea do corpo ao redor do cal orbita. As mareas gravitacionales fan que se cren pequenas rexións onde a atracción gravitacional do satélite é equilibrada pola atracción do hóspede, deixando cada estrela unha pegada luminosa que dá pistas da órbita.
 

FONTE: Revista Muy Intersante

0 comentarios