Blogia
vgomez

TRATARUGA QUE CONVÍU COS DINOSAURIOS: "POLYSTERNON ISONAE"

TRATARUGA QUE CONVÍU COS DINOSAURIOS: "POLYSTERNON ISONAE"

Reconstrución da tartaruga "Polysternon isonae" a partir dos restos fósiles recuperados en Isona / ÓSCAR SANISIDRO

Un equipo de paleontólogos cataláns descubríu nun xacemento de Isona i Conca Dellà (Pallars Jussà), os restos fosilizados dunha nova especie de tartaruga que convivíu cos dinosaurios e que se extinguíu con eles a diferenza doutras especies de quelonios.

Esta tartaruga, bautizada como Polysternon Isonae, medía medio metro de longo e vivíu hai 65 millóns de anos en augas doces. Os restos fósiles foron localizados en estratos de finais do Cretáceo nun xacemento coñecido como Barranco de Torrebilles.

Os seis investigadores responsables da excavación pertencen ao Instituto Catalán de Paleontoloxía Miquel Crusafont, ao Museo da Conca Dellà e á Universidade Autónoma de Barcelona. Os datos sobre o descubrimento desta tartaruga que convivíu cos dinosaurios foron publicados na semana pasada na revista Cretaceous Research.

O prepirineo de Lleida é unha zona moi rica en restos fósiles de dinosaurios que viviron hai máis de 65 millóns de anos, xa que onde hoxe érguebse elevadas montañas era nesa época unha enorme chaira costeira aberta cara ao océano Atlántico, cun clima tropical, moito máis cálido, e unha vexetación abundante na que se podían atopar incluso palmeiras.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

0 comentarios