Facebook Twitter Google +1     Admin

ACHEGOUSE SEN PERIGO APOPHIS

Publicado: 10/01/2013 09:50 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20130109185339-pophis-orbit.jpg

Órbita do Apophis / NASA

O asteroide Apophis (nomeado así por un antigo demo da mitoloxía exipcia, Apep, símbolo das forzas maléficas e das tebras) está considerado como o máis perigoso para a Terra. Esta rocha, cun diámetro de case tres campos de fútbol (270 metros), achegouse, na madrugada de hoxe xoves, a 37,6 distancias lunares do centro do noso planeta (14,4 millóns de quilómetros), o suficientemente lonxe como para que nesta ocasión non implicase ningunha ameaza.

O achegamento será maior en 2029 e existen certas posibilidades de que impacte contra nós no ano 2036 (unha entre 250.000, segundo os cálculos da NASA, aínda que estes se axustarán a medida que se coñeza mellor a súa órbita).

Daquela xa veremos, por agora tranquilidade!

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.