ADIVIÑA O PLANETA X

A contestación á pregunta do día anterior é KEPLER-438 B.
Kepler-438 b está situado a 472,9 anos luz do Sistema Solar. O seu descubrimento foi estatisticamente confirmado en xaneiro de 2015 e tanto a súa masa, radio como temperatura de equilibrio convérteno no mellor candidato atopado ata a data e posiblemente onde achar vida.
E agora, a pregunta de hoxe:
Este hexágono xigante é unha das súas calidades máis rechamantes. En que planeta está?
- Urano
- Xúpiter
- Saturno
- Neptuno
Mañá a solución e... unha nova proposta!
FONTE: Revista Muy Interesante
0 comentarios